Un grupo de nenos/as da nosa aula, o día 15 de xaneiro fomos a 5º de educación infantil a facer unha exposición sobre a compostaxe, que nos ensinaron nunha charla fai tempo.
Os pequeniños aprenderon moitas cousas e pasáronno moi ben, porque fixemos mímica e xogaron a un xogo que trataba de meter nos contedores o obxecto axeitado.
Tamén lles ensinamos unhas "bombas de trigo", para o seu xardín.
Rematamos escoitando dúas cancións deles.
Coñécenos

- Ecoloxilandia
- Alumnado consciente do entorno que nos rodea e da súa situación. Cremos que nunca é tarde para transformar o presente, pero precisamos do voso compromiso.
lunes, 27 de enero de 2020
lunes, 20 de enero de 2020
BOYAN SLAT LOITA POR LIMPAR OS OCÉANOS
Boyan Slat é un rapaz neerlandés de 25 anos que está intentando salvar o mundo.
O seu obxectivo é:Limpar os océanos, os ríos, a illa de plástico que se atopa no océano Pacífico...
A fixación polo plástico chegou a Boyan Slat cando tiña tan só 16 anos. De vacacións en Grecia, o adolescente holandés mergullábase xunto a un amigo cando éste lle dixo: ``hay muchas medusas, vi más de cien´´. Pero Slat xa percibira que non se trataba de medusas, senón de ducias de bolsas de plástico que flotaban libremente no mar.
Desolado pola cantidade de lixo, que superaba ampliamente o
número de peixes, o mozo comezou a fascinarse coa idea de que tiña que facer algo ao respecto.
número de peixes, o mozo comezou a fascinarse coa idea de que tiña que facer algo ao respecto.
Para entender a súa situación, non vos perdades este vídeo .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)