MÉRCORES 1 DE ABRIL
Bo día a todas/os, que maravilla comezar a xornada cunha música tan relaxante, disfrutade!!!
LENGUA ESPAÑOLA
LOS REFRANES Y LAS FRASES HECHAS tema 6 de Netex. punto 2
Lee este apartado y en tu cuaderno de Lengua Castellano en el apartado de Gramática elabora un pequeño resumen sobre este tipo de expresiones. No te olvides de poner algún ejemplo que acompañe tu trabajo.
Haz en el apartado de ejercicios de tu cuaderno el apartado de FÍJATE, el ejercicio 9 y 10. Los demás ejercicios de ese punto los haces en el ordenador. Acuérdate de COMPROBAR tu nivel de comprensión, una vez hayas terminado.
De todos los refranes que viste, elige el que más te guste y en 3 líneas JUSTIFICA por qué elegiste ese, cuáles son tus argumentos a favor. Memorízalo y así vas ampliando tu repertorio lingüístico!!!
Aquí tenéis un vídeo para reforzar lo que aprendiste en este punto.
CIENCIAS NATURAIS
É importante que volvas ver este vídeo para facer a actividade que che propoño deseguido.
Ides elaborar o voso propio ATLAS DE ANATOMÍA.
Nesta actividade ides facer a primeira lámina.Nun folio en branco realizade un debuxo do aparato dixestivo e sinalade nel os órganos máis importantes. Tamén teredes que poñerlle un título á lámina e podedes aproveitar a parte de atrás do folio para incluír resumos, outros debuxos ou fotos con información adicional... Recorda: non lle poñas límite á túa creatividade!
Apóiate no debuxo que tes neste tema e vaille poñendo etiquetas a cada unha das partes que compoñen este aparato cunha pequena lenda que inclúa o que pasa en cada parte dende que entra un alimento na boca .
POR EXEMPLO: BOCA: a través dela inxerimos a auga e os alimentos que mastigamos cos DENTES.
Por outra banda, seguro que xa tedes todos/as rematados o planing semanal cos menús de toda a semana que propuxen a semana pasada de actividade. Agora botádelle un ollo a pirámide nutricional dos alimentos.
Busca no teu menú semanal, cal foi o día ou días que comiches máis equilibrado, seguindo as pautas que aparecen na pirámide. Xustifica a túa resposta no caderno.
Aquí deixo de novo uns RETOS para que vos animedes ao rematar as actividades. Mañá coma sempre, tedes as solucións!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario