Ola nenos/as, durante un tempo despedímonos deste blog para empezar a traballar noutro chamado "A CLASE DE QUINTO", compartido por 5ºA e 5ºB.
Vou agora repasar un pouquiño o que xa falei convosco na última reunión mantida a través de Hangouts.
No novo blog veredes que na cabeceira aparece o horario que imos seguir a partir de agora para dar continuidade ao terceiro trimestre. Tal e como ditaminou o Ministerio de Educación e Formación Profesional e a expensas das novas instrucións da Consellería de Educación, será considerado para reforza e mellorar competencias.
Sabedes que todo o traballo que aportedes do que vos vaia solicitando contará como positivo no caso dos nenos/as que o fagan, se non se fai non contabilizará. De cando en cando vos pedirei algún traballo. Tedes que subilo a CARPETA DRIVE que compartides conmigo. Unha vez o subades, entrade na carpeta para confirmar que sí aparece dentro da mesma. Dispoñedes dunha entrada no novo blog explicando ben os pasos para subir os traballos.
Traballaremos tódalas áreas curriculares segundo se establece e para elo tedes que premer nos blogues dos mestres especialistas que veredes na marxe dereita do novo blog.
Comezaremos tamén a repasar coa aplicación SNAPETT.ORG de xeito lúdico, ameno. Cada día poñeremos un traballo que se sacará ao día seguinte ou aos dous días, co cal tedes que estar pendentes e facelo nese tempo. Dispoñedes do usuario e contrasinal na mensaxe Abalar que enviei ao correo dos vosos papis. Iremos probando a ver que tal se nos dá, xa que se trata dunha plataforma nova para todos.
Lembrade entrar na páxina OAOA MATEMÁTICAS que tedes no novo blog nun lateral, ler moito e como sempre manter os hábitos e rutinas de traballo, tódolos días un pouquiño.
Paca calquera dúbida, xa sabedes que tedes a vosa disposición o correo da clase:
-aclasedequinto@gmail.com

Aquí vos deixo o enlace ao novo blog, un saudiño e xa nos vemos deseguido. Moitos biquiños🙋🙅 a todos/as e de seguro que o ides facer xenial. Moito ánimo campións!!!😘