SOGAMA
O venres día 14 de febreiro visitamos as instalacións de Sogama, deseguido vos contamos como se desenvolveu esta xornada.
O chegar ao colexio, subimos a aula, esperamos un pouquiño e logo chegou o autobús e fomos en dirección a Sogama. Tardamos 1:40 minutos en chegar alí. O primeiro que fixemos foi entrar nas instalacións e ensinaronos unha maqueta de Sogama.Tamén nos explicaron que iamos facer. Fomos a unha sala, onde tras unha charla explicativa nos deron un casco e un chaleco para poñer e saír en direción ao autobús que nos levaba a unha planta de reciclaxe: a planta da bolsa amarela.
Vaixamos no autobús e entramos na planta de reciclaxe dos plásticos.Vimos as cintas transportadoras e como se selecciona o material de refugallo.
Cando saímos da planta volvimos a subir no autobús, demos un paseo no autobús e vimos os sacos das cinzas, as escorias, o tren e cando un camión pasaba a deixar o lixo e vimos como o pesaban nunha báscula que tiñan na entrada.
Logo de Sogama fómonos ao museo Domus. Aquí adicamos o noso tempo a experimentar, manipular, xogar e aprender con moitos xogos interactivos de razoar e deducir. Por exemplo: a roda do hámster, a barra de frío e calor, sentir as palpitacións dentro dun corazón, medir e pesar, asociar cheiros con plantas aromáticas, báscula que calcula a auga que tes no teu corpo...Despois de estar en Domus voltamos a Cangas arredor das 6:30h.da tarde.
Esta excursión foi moi divertida e interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario