Coñécenos

Mi foto
Alumnado consciente do entorno que nos rodea e da súa situación. Cremos que nunca é tarde para transformar o presente, pero precisamos do voso compromiso.

miércoles, 4 de diciembre de 2019

UN DIA NA PEL DUN DISCAPACITADO

Hoxe día 3 de decembro, celebrouse o Día da Discapacidade e no colexio lembrámolo facendo uns xogos. Eran actividades para que cada un/unha de nós nos puxesemos na pel dunha persona con discapacidade (física, psíquica, sensorial,auditiva, intelectual…).
- A primeira actividade foi  sentirte coma un xordo : poñías uns cascos e tiñas que adiviñar a palabra que che dicía a túa parella.
-Se tivesemos discapacidade visual : poñias unhas gafas distorsionadoras e tiñas que ler un  conto.
-Se fose o caso dunha persoa cega: poñíaste un antiface e tiñas que esquivar uns conos mentras a túa parella te guiaba.
-O cuarto xogo foi para sentirte coma alguén que se move nunha cadeira de rodas: montábaste nunha cadeira de rodas e a túa parella te levaba sorteando unha serie de obstáculos.
-Xa para rematar o quinto xogo:consistía en xogar á pelota por equipos de tres pasándoa
sen mirar para meter un gol.

Esto ensinounos moito para entender e comprender que difícil teñen a vida as persoas
con discapacidade.
Non hai que rirse delas, senón axudarlles e tratalas con normalidade.









miércoles, 27 de noviembre de 2019

O apadriñamento/amadriñamento lector

    Cada martes, despois do recreo,  imos  lerlle  un conto ós nenos e nenas de 6ºB de Educación Infantil(as xirafas) e  esta actividade consiste en:
1. ir á biblioteca do colexio.
2. coller un libro axeitado a súa idade.
3.imos á clase das xirafas e eleximos o neno e nenas a quen lle vamos ler.
4.lémoslle o conto.
5.ó rematar de lerlle o conto, facémoslle preguntas,para observar se estivo atento ao conto.
6.despedímonos ata o próximo martes.

A actividade parécenos moi divertida ademais de interesante porque nos relacionamos con nenos e nenas doutras idades e aprendemos moito.


   

Visita das persoas con discapacidade da Fundación Juan XXIII de Cangas

O mércores 27 de novembro visitaronnos algúns dos adultos/as  da Fundación Juan XXIII de Cangas. Na charla, explicáronnos que é a discapacidade e como queren que os tratemos. Por exemplo, non lles gusta que os miren moi fixamente, que se rían deles, que os traten con mágoa..

O sábado día 3 de decembro é o Día Internacional da Discapacidade e terá lugar unha manifestación en Pontevedra para visibilizar a súa situación e lembrarnos que todos/as podemos axudarlles dende o coñecemento da súa discapacidade, respetándoos como son e tratándoos con normalidade.Para esta xuntanza levarán uns paraugas, (usados e reutilizados) que decoramos  de forma creativa, orixinal e con moito colorido, nunha actividade que fixemos de maneira conxunta na biblioteca do centro chamada: " BAIXO O MESMO PARAUGAS".
Para esta actividade empregamos:
  1. Paraugas que non utilizamos.
  2. Cartolinas.
  3. Pinturas e pinceis.
  4. Creatividade.
As persoas discapacitadas da Fundación axudáronnos a facelo e pasámolo moi ben. Pareceunos unha actividade moi integradora e interesante xa que nos axudou a coñecelos/as un pouco mellor e entender o seu día a día. Ollade que paraugas máis creativos e orixinais nos quedaron.!!





lunes, 25 de noviembre de 2019

25N Día contra a violencia de xénero.


    Hoxe día 25 de novembro o alumnado de 5º de Primaria acudiu ao auditorio para visibilizar cun baile o que está a acontecer a moitas mulleres que sofren de violencia tanto física, como psicolóxica e mesmo económica. Esta data non debería de existir, todos/as somos iguais e non se pode tolerar esta situación de desigualdade. Fagamos visible cada día o que acontece, aportando o noso gran de area dende as aulas, respetándonos e valorando por igual as aportacións e o modo de pensar de nenas e nenos.
Aquí tedes unha mostra de fotos do baile da canción "Caza de pañuelos" (Rayden) no auditorio  e no colexio para o todo o alumnado. Moitos parabéns pola actuación, fixérono moi ben!!!







domingo, 24 de noviembre de 2019

Charla informativa sobre o parque nacional Illas Atlánticas


O día 20 de novembro tivemos a oportunidade  de contar con dúas gardas traballadoras do parque nacional Illas Atlánticas.O alumnado aprendeu moito sobre as nosas catro illas: Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada. Os ecosistemas que as conforman,e como é o hábitat onde viven moitos peixes, aves e plantas. Dende as praias e dunas, matogueiras, bosques de algas e bosques de árbores pasando polos fondos de area e fondos de rochas e rematando cos cantís onde aniñan os cormoráns, aves en perigo de extinción. 

Ademais de aprender e participar nas actividades tan interesantes e creativas que presentaron, quedounos moi presente unha máxima,NON CONTAMINAR A NOSA RÍA, que é un mundo cheo de vida e de paisaxes fermosas. 

Aí quedan algunhas fotos que o manifestan: