O día 20 de novembro tivemos a oportunidade de contar con dúas gardas traballadoras do parque nacional Illas Atlánticas.O alumnado aprendeu moito sobre as nosas catro illas: Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada. Os ecosistemas que as conforman,e como é o hábitat onde viven moitos peixes, aves e plantas. Dende as praias e dunas, matogueiras, bosques de algas e bosques de árbores pasando polos fondos de area e fondos de rochas e rematando cos cantís onde aniñan os cormoráns, aves en perigo de extinción.
Ademais de aprender e participar nas actividades tan interesantes e creativas que presentaron, quedounos moi presente unha máxima,NON CONTAMINAR A NOSA RÍA, que é un mundo cheo de vida e de paisaxes fermosas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario