Coñécenos

Mi foto
Alumnado consciente do entorno que nos rodea e da súa situación. Cremos que nunca é tarde para transformar o presente, pero precisamos do voso compromiso.

domingo, 24 de noviembre de 2019

Os perigos do mal uso das redes sociais

Co gallo das malas novas que nos rodean sobre os perigos das redes sociais, mal entendidas como mecanismos de acoso, incitación ao xogo, desinformación, e instrumento de manipulación de masas, recibimos unha cualificada visita dun axente da Garda Civil, que nos fixo unha exposición moi didáctica sobre esta materia.


Recibimos unha explicación moi completa sobre o uso dos teléfonos móbiles, aconsellándonos un emprego dos mesmos proporcional e responsable. Tamén nos indicou a realidade dos comentarios e posts que fagamos en calquera rede ou páxina, cun chamamento á consciencia e autocontención do que se escriba, posto que é permanente na "rede". Moito coidado co uso das fotografías e vídeos que se suban, así como o tipo de arquivos que recibimos ou reenviamos, posto que poden constituír conductas ilícitas e perigosas.

A adicción aos xogos electrónicos (Fortnite na actualidade,p.ex.), pode ser paralela á do propio xogo, prohibido para os menores, e que tamén está a experimentar un grande auxe, constituíndo unha fonte de desanvinzas familiares, e conductas moi difíciles de reeducar nun futuro.


A principal actitude que debemos tomar con páxinas que non sexan comprobables, arquivos ou outro tipo de información que recibamos de terceiros sexa a de desconfianza, alomenos ata asegurarnos da orixe destas informacións. Non obstante, as redes teñen aspectos positivos e é a responsabilidade o mellor valor a aplicar no seu uso.

Moito sentidiño co Internet!






No hay comentarios:

Publicar un comentario