Coñécenos

Mi foto
Alumnado consciente do entorno que nos rodea e da súa situación. Cremos que nunca é tarde para transformar o presente, pero precisamos do voso compromiso.

sábado, 23 de noviembre de 2019

A benvida a este proxecto

Benvid@s a este blog, no que pretendemos dar a coñecer o traballo do noso alumnado, vencellado ao proxecto do centro "Ecolexio", que pola súa vez se relaciona co coidado do medio ambiente. Premisa pedagóxica que consideramos imprescindible.

Arquitectura e mobilidade ecolóxicas, alimentación, cambio climático, proxectos sostibles, relacións sociais con conciencia medioambiental, economía circular, reciclaxe, e en xeral todo o que garda relación co noso entorno serán, entre outros, os temas sobre os que trataremos na aula e recolleremos neste blog na medida do posible.  

Ao longo do curso incluiremos tamén ligazóns a páxinas e novas do noso interese, recursos, actividades interesantes, e todo aquelo que consideremos de proveito para todas e todos. 

Agardamos que sexa do voso agrado e interese, e que vos motive a continuar esta labor polo miúdo en cada fogar.

Unha aperta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario