O Concello de Cangas acordou a substitución e mellora, cunha axuda europea, das luminarias do pavillón do centro escolar. Pola nosa parte, acordamos que sería unha boa ocasión para entrevistar a un dos profesionais que interviñeron nesta actuación para que nos iluminase sobre o aforro enerxético aplicado á iluminación artificial.
Pareceunos moi importante e oportuno recibir a visita do técnico Víctor, quen nos explicou o funcionamento dunha luminaria ineficiente, en comparanza coas que viñan de instalar. Na clase respondeu ás nosas preguntas, e posteriomente visitamos o pavillón, onde xa in situ apreciamos a diferencia entre as luminarias anteriores coas novas.
Se queredes saber máis, escoitade a entrevista. E como xa vos indicamos ao comezo deste blog, non somos demasiado pequenos para facer cousas grandes. Un simple cambio nos sistemas de iluminación contribúe ao aforro enerxético, e se engade a outras iniciativas que sempre suman.
![]() |
A nosa clase con Víctor (dereita) e o seu compañeiro de traballo. Grazas aos dous. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario