Coñécenos

Mi foto
Alumnado consciente do entorno que nos rodea e da súa situación. Cremos que nunca é tarde para transformar o presente, pero precisamos do voso compromiso.

domingo, 24 de noviembre de 2019

Bioloxía por un día

O día 6 de novembro nos subimos a un autobús ata chegar á Facultade de Bioloxía da UVigo, para recibir unha magnífica explicación sobre os fungos, mundo fascinante a pequena altura. Viaxamos cun caderno de campo para os apuntamentos necesarios, e con risco de que se quedase pequeno para toda a información recibida. 

A benvida ofrecida por dous biólogos, cunha compoñente lúdica innegable, tivo continuidade na visita por medio de dúas fases. Na primeira delas, moi interactiva, se nos ofreceu moita información referida aos fungos, moi participativa pola nosa parte tamén. Puidemos apreciar as imaxes de diapositivas e imaxes, e agradecemos o enorme traballo de adaptar a visita aos nosos intereses e nivel de coñecementos. 

Posteriormente, xa no exterior, a visita tornouse máis práctica coa observación directa destes fungos, aportándonos explicacións sobre o seu valor gastronómico, emprego na menciña ou outros usos. Aprecialos no seu medio natural dimensiona a nosa atención e fai máis tanxible as explicacións previas. En calquera caso, agradecemos moito o esforzo destas dúas persoas para facer accesible o mundo dos fungos á nosa aula. 



 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario