Hoxe día 25 de novembro o alumnado de 5º de Primaria acudiu ao auditorio para visibilizar cun baile o que está a acontecer a moitas mulleres que sofren de violencia tanto física, como psicolóxica e mesmo económica. Esta data non debería de existir, todos/as somos iguais e non se pode tolerar esta situación de desigualdade. Fagamos visible cada día o que acontece, aportando o noso gran de area dende as aulas, respetándonos e valorando por igual as aportacións e o modo de pensar de nenas e nenos.
Aquí tedes unha mostra de fotos do baile da canción "Caza de pañuelos" (Rayden) no auditorio e no colexio para o todo o alumnado. Moitos parabéns pola actuación, fixérono moi ben!!!





Pareceme moi interesante inculcar a os nenos ese aprendizaje. Ben polo profesorado e muy ben po lo alunnado.
ResponderEliminar