O sábado día 3 de decembro é o Día Internacional da Discapacidade e terá lugar unha manifestación en Pontevedra para visibilizar a súa situación e lembrarnos que todos/as podemos axudarlles dende o coñecemento da súa discapacidade, respetándoos como son e tratándoos con normalidade.Para esta xuntanza levarán uns paraugas, (usados e reutilizados) que decoramos de forma creativa, orixinal e con moito colorido, nunha actividade que fixemos de maneira conxunta na biblioteca do centro chamada: " BAIXO O MESMO PARAUGAS".
Para esta actividade empregamos:
- Paraugas que non utilizamos.
- Cartolinas.
- Pinturas e pinceis.
- Creatividade.


No hay comentarios:
Publicar un comentario