Coñécenos

Mi foto
Alumnado consciente do entorno que nos rodea e da súa situación. Cremos que nunca é tarde para transformar o presente, pero precisamos do voso compromiso.

domingo, 24 de noviembre de 2019

Do Samhain ao Samaín

Durante a semana do 28 ao 30 de outubro, celebramos o Samaín, festa pagana de orixe celta que cada ano sentimos máis próxima, e con este elo entre celtas, preparamos as clases de quinto e sexto unhas actividades en lingua galega para os nenos e nenas de primeiro a cuarto de Educación Primaria, cunha temática centrada nesta festa. 

Estas actividades consistiron en pareados, encrucillados, trabalinguas, labirintos, sopas de letras, ordear palabras, o xogo do aforcado...unha mostra moi diversa de xogos relacionados coa lingua e o Samaín. 

Configuramos dous niveis; un para primeiro e segundo, e outro para terceiro e cuarto. A mellor parte, ademáis da propia celebración da festa, foi a de exercer como mestres e mestras. A fórmula para participar, no canto do "truco ou trato" foi a de "abracadabra, palabra ou aquí non tes nada". 

Malia o seu significado e omnipresencia durante esta festa, tanto traballo non implicou recibir cabazas para ninguén!. Traballaron moito, cunha grande creatividade, e con moito sentido do humor (negro, por suposto). Parabéns!. Algunha foto de mostra: 

 

 

 

 

  
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario