Co gallo das malas novas que nos rodean sobre os perigos das redes sociais, mal entendidas como mecanismos de
acoso, incitación ao
xogo,
desinformación, e instrumento de
manipulación de masas, recibimos unha cualificada visita dun axente da Garda Civil, que nos fixo unha exposición moi didáctica sobre esta materia.
Recibimos unha explicación moi completa sobre o uso dos teléfonos móbiles, aconsellándonos un emprego dos mesmos proporcional e responsable. Tamén nos indicou a realidade dos comentarios e posts que fagamos en calquera rede ou páxina, cun chamamento á consciencia e autocontención do que se escriba, posto que é
permanente na "rede". Moito coidado co uso das fotografías e vídeos que se suban, así como o tipo de arquivos que recibimos ou reenviamos, posto que poden constituír conductas ilícitas e perigosas.
A adicción aos xogos electrónicos (Fortnite na actualidade,p.ex.), pode ser paralela á do propio xogo, prohibido para os menores, e que tamén está a experimentar un grande auxe, constituíndo unha fonte de desanvinzas familiares, e conductas moi difíciles de reeducar nun futuro.
A principal actitude que debemos tomar con páxinas que non sexan comprobables, arquivos ou outro tipo de información que recibamos de terceiros sexa a de desconfianza, alomenos ata asegurarnos da orixe destas informacións. Non obstante, as redes teñen aspectos positivos e é a responsabilidade o mellor valor a aplicar no seu uso.
Moito sentidiño co Internet!